Sunday 30 de June de 2024

Marta Álvarez advirte ao goberno local do déficit de persoal facultativo da UMAD e a urxe actuar


A edil socialista preguntará no próximo pleno municipal polos plans do goberno local para corrixir esta situación que, critica, podería estar tendo xa efectos na lista de agarda

“Isto ocasiona un grave prexuízo tendo en conta a urxencia que representan os problemas das usuarias e usuarios de esta unidade” afirma.

Unha situación de déficit de persoal na Unidade Municipal de Drogodependencias: é o que advirten desde o Grupo Municipal Socialista que pedirán no vindeiro pleno explicacións ao executivo de Sanmartín sobre os plans para corrixir unha situación que, afirman, “ocasiona un grave prexuízo ás persoas usuarias pola importancia e gravidade das situacións que precisan de consulta urxente”.

A concelleira socialista, Marta Álvarez, reclamoulle ao goberno local medidas urxentes para resolver a falta de persoal facultativo na UMAD. Explica que o posto de dirección está vacante, por excedencia da directora anterior, ao que se lle suma a xubilación de unha médica así como a vacante que se vai producir tamén no servizo de psiquiatría. Recalca o “preocupante” da situación, toda vez que algúns dos casos precisan de “consulta e intervención rápida”.

Así, a socialista aproveitou para destacar a importancia da UMAD que, dentro da actividade asistencial en materia de drogodependencia, impulsa diferentes programas dirixidos a estas persoas no ámbito familiar e comunitario. De feito, confirma que usuarios e usuarias de esta unidade xa teñen alertado da lista de agarda polo que urxe a “actuar xa”.

Deja un comentario